"Magritte O Vendaval da Música Pop" na Voz de Galicia por "Camilo Franco"Imprimir magritte - 02-Septembro-2011 - 12:44:30 



Non sei como se como de cosmopolita era Liverpool nos sesenta. As fotos din que nada de nada. A música popular non precisa ser cosmopolita, nin sofisticada nin nada que a separe da súa principal intención: ligar coa xente e darlle un estribillo ao que agarrarse mentres intentan non ter que inscribirse no paro porque si.
Así que a música pop non tería que ser iso que os especialistas chaman alta cultura aínda que tantas veces quedara por riba desa categoría.
Magritte está moi convencido de non ser unha pipa e de que na música pop hai campo de manobra para o que faga falta.
Eles están no medio dese vendaval de influencias que é a música pop cando quere. Cando quere ser boa. Aproveitan as guitarras, aproveitan as letras.
Aproveitan tamén esa idea que no debeu de perderse nunca de que a música popular ten que ser clase obreira, feita para resistir, feita para moverse e feita para demostrar que a enerxía non desaparece e que cando se transforma para ben hai poucas cousas similares. A música pop é como esa chocolatina que un come despois do bocata que substituíu ao xantar para que ninguén diga que traballa porque si. Estará feito do que queira, pero sabe a gloria. A música pop, como os bocatas, dependen da fame que se teña. E agora veñen tempos de ter fame. Pero non é apocalíptico. É un tempo de ter fame de cousas de verdade, que soen a ese lugar do que somos nós: da provincia.

FRANCO, C.: O vendaval da música pop, La Voz de Galicia, Ed. Santiago, Santiago, 21 de xullo de 2011


ACV Galaica