Primeiro EP de "Magritte"Imprimir magritte - 06-Septembro-2010 - 18:42:15 

Xa está nas rúas primeiro Ep de Magritte!.

MAGRITTE, "Vendaval E.P". por Carlos Rego.

A expresión espíritu inquedo adoita utilizarse con demasiada facilidade, pero non atopo outra mellor para poñer o recén chegado na pista de José Lameiras. Dende os tempos heroicos de Las Hierbas e Los Cambiantes (aló polos últimos 80 e os primeiros 90), ata El Pararrayos (o antecesor máis cercano a Magritte), un sempre recorda a José metido en proxectos que deran renda solta a súa aparentemente inagotable creatividade: coa guitarra ou o baixo colgados, fronte o micro, detrás da batería ou fedellando na mesa de grabación do seu estudo, organizando concertos… se non leva música nas veas, pouco lle debe faltar.

Agora en Magritte, e para non perder os bos costumes, achéganos música que non é nova nin vella; que soa nova sen deixar de parecer de sempre; que soa a un tempo coa enerxía duns principiantes e a sabiduría dos que teñen aproveitado os moitos anos de traballo en escenarios e estudos de grabación. Eles chámanlle música popvrinciana, e se por iso entendemos allea a modas e ventos que veñen e van, pero tamén atenta a todo o que hoxe pasa no resto do mundo que non é Ourense, andaremos moi preto de entender o seu punto de vista. 

As súas clásicas melodías reviradas, que enseguida semellan familares sen deixar de soar radicalmente persoais, son agora traídas á vida pola voz dramática de Nate Borrajo (dramática por teatral, como o contrapunto que lle da Josito Porto), que pon toda a súa arte interpretativa ao servizo dunhas letras que sempre acaban pedindo unha segunda escoita, ao igual que un fondo sonoro no que cada detalle, e hai moitos, está pensado para aportar cores e matices que artellan un tapiz feito con agarimo de artesán. 

Magritte debera ser a reencarnación definitiva de José Lameiras (e os seus fieis guitarristas Xurxo Labrador e Suso Dopazo), e Vendaval E.P. o disco que dunha vez por todas os puxera no escaparate da mellor música pop feita en Galicia. 


Carlos Rego. Músico e Comentarista Musical da Revista  Ruta 66


ACV Galaica