Noticias
O día 6 de Outubro estaremos presentando "Vendaval.ep" no programa da Radio Galega "Planeta Furancho" presentado polo gran Vituco Neira, será a partir das 23:00 da noite. O programa "Planeta Furancho" é un altofalante para a música galega contemporánea; un faro, unha axenda e un latexo diario e actual de todo canto acontece na nosa fascinante realidade musical. Planeta Furancho é a fiestra á que todas e todos poderán achegarse para coñecer e gozar da música que se fai nesta parte do mundo.

